Quen somos

EducaTeatro Producións® é unha empresa cultural dedicada á produción, distribución e promoción de espectáculos infantís e familiares.

A música, a lingua e a diversión son os piares fundamentais dos nosos traballos, cos que pretendemos fomentar a educación en valores e contribuír a unha aprendizaxe signicativa.

Na actualidade contamos con tres obras de produción propia en cartel: Os tres porquiños, unha obra musical con bonecos a tamaño real; Carapuchiña Vermella, o musical e O mundo máxico de Pinocho, coas que despregamos máis de 250 funcións, sumando máis de 100.000 espectadores.

Despois de levar os nosos espectáculos ás principais cidades e vilas de Galicia, nos últimos meses de 2017 comezamos a percorrer outras localidades da xeografía española.

Unha experiencia en familia!

Todas as nosas obras concíbense como unha experiencia para vivir en familia. Dende a entrada ao teatro trasladarase ao público a unha atmósfera máxica, que continuará coa interacción constante durante a función. Queremos que os máis pequenos sexan parte da obra, e por iso, entregaráselle unha variña máxica ou unha careta a cada cativo en O mundo máxico de Pinocho ou en Carapuchiña Vermella, respectivamente.

Libro+CD

Como complemento, ao remate de cada función, poremos á disposición do público o Libro+CD de cada obra, para que a maxia do teatro inunde tamén cada fogar.

Os libros están compostos dun conto ilustrado coa nosa particular adaptación de cada obra, actividades para divertirse en familia, e co CD e as letras das cancións que forman o espectáculo.