A Obra

Sinopse

Carapuchiña é unha nena duns nove anos. Un día a súa nai encargoulle ir á casa da avoa para que lle levase unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce.

Polo camiño atopará amigos, aventuras con árbores bailarinas, cancións… e incluso un lobo que fará das súas para intentar papala.

A historia está narrada por Plácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir, traballará arreo para mecanografar o conto máis bonito do mundo enteiro: Carapuchiña Vermella.

 

 A nosa proposta

Nesta adaptación do clásico dos Irmáns Grimm modernizamos a historia e os personaxes do conto para traelos á actualidade.

A proposta mestura teatro de actor con manipulación de corpóreos e voz en directo para transmitir aos cativos e cativas valores como a ecoloxía e a igualdade ao mesmo tempo que ensina a reciclar ou as profesións.

 

 Musical

Carapuchiña Vermella, O Musical está composto por sete cancións orixinais cantadas en directo e pensadas especialmente para os máis pequenos.

 

Bebé  Rebelde

Carapuchiña comeza cantando dende o berce esta canción, que é toda unha declaración de intencións.

 

Cara, Cara, Carapuchiña!

É a presentación da protagonista da función e dos distintos personaxes que forman parte dela.

 

Quero ser…

Artista, dentista, futbolista, xornalista, profesora, astronauta… e así aprender o nome dos oficios e as profesións máis queridas polos cativos e cativas!

 

Camiñando polo bosque

Canción que anima os pequenos e pequenas a coñecer a diversidade da natureza e tamén a reciclar.

 

Somos todos iguais

Carapuchiña fai un alegato á igualdade xunto co seu amigo Lobiño.

 

Fiareime eu de ti?

O lobo pretende enganar á pequena para chegar antes á casa da avoa. Conseguirá despistala?

 

O lobo

Un Ska para presentar ao malvado animal, que quere papar á avoa e á Carapuchiña.

 

 

Información de interese

Público familiar con cativos/as a partir de 2 anos.

Duración: 50 minutos máis fotos cos protagonistas ao remate da función.

Idioma: Galego.