Os tres porquiños
A Obra
Sinopse
Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a gura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.
Temas musicais
Oink! Oink! Oink!
A muiñeira dos animais
Contamos ata dez!
Aprendede esta canción
Tede coidado co gran lobo
Técnicas
Teatro musical, teatro de actor, corpóreos
Información de interese
Duración: 55 minutos + fotos ao final cos protagonistas.
Idades recomendadas: a partir de 2 anos.