Boiro

Boiro

Casa da Cultura Ramón Martínez López

Única función ás 20:00

Venda de entradas a 3€ na billeteira da Casa da Cultura unha hora antes da función

Tralos éxitos obtidos con ‘Os tres porquiños’ e ‘O mundo máxico de Pinocho’, a compañía viguesa EducaTeatro Producións® volve percorrer Galicia renovando outro dos clásicos da literatura infantil: ‘Carapuchiña Vermella’.

Un trepidante musical onde cativos e maiores acompañarán á Carapuchiña Vermella na aventura de levarlle unha cesta coa merenda á súa avoa. A protagonista camiñará por un bosque cheo de sorpresas onde aprenderá a respectar o medio ambiente e os animais que viven nel, pero tamén saberá dos perigos de desoír os consellos da súa nai.

E coñeceremos a Plácido, o xornalista da aldea, e ao seu axudante Roi, serán eles os que nos manterán informados das situacións que vive Carapuchiña ata chegar á casa da avoa. E cantaremos, bailaremos, xogaremos… e quizais apareza un lobo que a quere papar… Como rematará esta historia?

Marzo 15 @ 20:00
20:00 — 20:00 (24h)

Did you like this? Share it!

0 comments on “Boiro

Comments are closed.