O Carballiño

O Carballiño

Auditorio Municipal Manuel María

Ás 18:00h · Venda de entradas na billeteira o mesmo día · 3,5€

Función enmarcada na Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC)

En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

A participación do público, unha das características de EducaTeatro Producións, será outra constante na nova montaxe. Á entrada ao teatro, repartirase entre todos os asistentes un marcapáxinas con forma de variña máxica para que axuden á Fada Mimadriña nos seus trucos.

A proposta, de 60 minutos de duración, mestura diferentes técnicas, como o teatro musical con voz e piano en directo, a maxia de grandes ilusións, as sombras chinesas e os corpóreos. Un completo espectáculo especialmente pensado para o público familiar con cativos a partir de 2 anos.

Marzo 25 @ 12:30
12:30 — 12:30 (24h)

Did you like this? Share it!

0 comments on “O Carballiño

Comments are closed.