Carapuchiña Vermella
A Obra
Sinopse
Un trepidante musical onde cativos e maiores acompañarán a Carapuchiña Vermella na gran aventura de levarlle á súa avoa unha cesta coa merenda atravesando un bosque cheo de sorpresas.
Durante o camiño, Carapuchiña aprenderá a respectar o medio ambiente e os animais, bailará e cantará, pero tamén coñecerá os perigos de non facer caso dos consellos da súa nai.
Plácido, o xornalista da aldea, e o seu axudante Roi, serán os encargados de manternos informados de todo o que lle suceda á protagonista ata que chegue á casa da avoíña. E quen sabe, quizáis apareza neste conto un lobo que quera comer a Carapuchiña… Como rematará esta historia?
Temas musicais
Extra! Extra!
Bebé Rebelde
Cara, Cara, Carapuchiña!
Quero ser…
Unha nova vida poden ter
Somos todos iguais
O lobo
Técnicas
Teatro musical, teatro de actor, corpóreos, títeres xigantes, bodypuppet
Información de interese
Duración: A partir de 2 anos.
Material complementario: Á entrada do teatro repartiráselle aos máis pequenos unha careta dobre coas caras de Carapuchiña e o Lobo para que participen durante a función.