O mundo máxico de Pinocho

A Obra

Sinopse

En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

Temas musicais

A canción das ferramentas
Fada! Fada!
Pinocho
Non vou dicir mentiras nunca máis
Somos Raposo e Gato
Bailar e cantar
Vals da balea

Técnicas

Teatro musical, maxia de grandes ilusións, teatro de actor, corpóreos, sombras, piano en directo.

Duración: 60 minutos
Idades recomendadas: A partir de 2 anos
Material complementario: Á súa chegada á sala, entregaráselle a cada cativo un marcapáxinas con forma de variña máxica para axudar á Fada Mimadriña nos seus conxuros